OS VELLOS, UN PROBLEMA
Dicía a presidenta do FMI que os vellos eran un problema pro sostemento das pensións, tardaban moito en morrer e o sistema non pode aguantar. O Goberno xa quere sacar fora do sistema a viuvos e orfos. Os nosos pensionistas, escoitando o Goberno e o FMI, senten a culpa de que o país non despegue; eles son, ó parecer, outro gasto que non nos podemos permitir. En España estamos lonxe de dedicar ás pensións a media da UE, esa é a verdade. Outra mentira é chamar gasto as pensións, cando os pensionistas cotizaron pra súa pensión e o Goberno do PP, coa súa reforma laboral, pon en perigo as pensións, quedando en entredito e o descuberto a mellora económica
0 comentarios