O problema da emigración non existía cando lle afectaba só a España, incluso lle reprocharon as devolucións en quente. Agora que afecta os ricos o problema existe .E un drama pros emigrantes e un negocio pros que trafican con eles. Un emigrante pode chegar a pagar 9.000 euros por alcanza-lo paraíso europeo, iso comprende toda a viaxe e apoios que precise como son supostas ONG e influencias na opinión. Tamén é negocio pra patronal, a abundancia de man de obra, abarata o traballo.. Iso debeu pensar Merkel, hasta co asunto se lle foi das mans e agora non sabe que facer con eles. Tamén é un drama pros moitos parados e xente en pobreza extrema, xa non se fala deles, deixaron de ser un problema pros gobernos. Hai que ver o problema con realismo, Europa pode admitir un número determinado, pero non pode absorber África e Asia. Cando falan con demagoxia do problema, pónseme a pel de galiñiña. 360.000 inmigrantes en pouco tempo xa se pode considerar unha invasión, mais cando é xente que non vai asimila-las nosas costumes e veñen coa idea de combatela
0 comentarios