OS GANDEIROS Ó PAIRO
En lugar de ofrecer solucións o conflito gandeiro, o PP trata de rebenta-las protestas e consígueo. Ofrecéselles ós gandeiros unha serie de medidas, éntrelas novos tipos de contrato e medidas normativas inconcretas. Todo son vaguidades, pero a loita é complicada e desigual; a corda rompe polo mais feble; e os febles son os gandeiros, con inimigos mesmo na casa, mentres a industria e os distribuidores son un cartel que actúa con prepotencia e impunidade. Medio litro de auga natural con gas, está mais cara no super que un litro de leite, ese é problema. Pasado Pedrafita non se dan estas cousas tan peculiares, pero todo é posible na terra controlada por Feijoo
0 comentarios