PRIVATIZAR
Privatizar non é solo un verbo, nin se se trata de realizar a mellor xestión. Sempre se trata de privatizar o mais rendible pra que os amigos fagan negocio. Temos exemplos que obvian calquera explicación; por qué non se privatiza a CIDADE DA CULTURA, monumento extravagante e inútil. Pola contra privatizase aquelas parcelas da sanidade susceptibles de dar beneficios inmediatos. O proxecto do hospital de Vigo fora aprobado polo bipartito, a primeira medida de Feijoo, tras gaña--las eleccións foi transforma-lo proxecto existente de construción dun novo hospital público en Vigo, nun de xestión privada, que adxudica a unha UTE, da que forman parte empresas do entorno do PP, éntrelas algunha de altos cargos da Xunta. Ademais da privatización, as limitacións ó proxecto orixinal, viñeron impostas pola necesidade de manter o concerto singular co hospital privado POVISA, no que indirectamente ten intereses a conselleira do ramo.
0 comentarios