COMO QUEN NON QUERE
Con mais sutileza que na CCAA de Madrid, Feijoo privatizou case toda a sanidade como quen non quere a cousa; queda o persoal sanitario aínda que o están tentando a través do modelo que propuxeron de unidades de xestión clínica co que a Consellería busca un silencio cómplice dos médicos. As compras do material de radioloxía, medicamento nuclear e radioterapia destinado aos hospitais públicos decidiraas unha empresa privada , o Sergas decidiu privatizar a alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica obviado a reprobación do Consello de Contas todo o material que se usa nos hospitais:. gasas, material de curas, pra diagnóstico, xabón lencería, etc é distribuído por unha empresa privada, dende Negreira, unha empresa que se creou pra ese fin. Nin se busca a eficiencia nin paliar unha suposta obsolescencia do equipamento. Pendentes esta a adxudicación da esterilización de material clínico, por 160 millóns de euros para 12 anos, os colectivos poñen o berro no ceo polo risco de perda de calidade, en aspectos sanitarios tan sensibles dado que as empresas buscan abaratar custos para obter beneficios.
0 comentarios