Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

QUE ME BORREN

  Os denominados  “Asociación Española de Avogados Cristiáns” queren denunciar por homicidio ós profesionais médicos que decidiron retirarlle a alimentación a Andrea.  Si estes fariseos representa ó cerne do cristianismo, eu quero que me borren do cristianismo, do que formalmente abxuro; non podo compartir o sadismo e a crueldade destes personaxes, que parecen sacados da España negra de Torquemada.  Legalmente, a  lei galega, aprobada recentemente, recolle no artigo 10  que toda persoa que padeza unha enfermidade irreversible e incurable e atópese en estado terminal ten dereito a rexeitar procedementos quirúrxicos , o que inclúe a alimentación, cando sexan desproporcionados e aumenten a agonía. Mentres, o artigo 13 sinala que son os pais quen decidirán as medidas cando o paciente sexa menor de idade.  Andrea morreu en paz. Súa irmá prometeulle que ela se ocuparía de tódalas súas cousas, que se podía ir tranquila

 

0 comentarios