ROUBO
Ase sentenzas por roubo teñen unha constante: son inversamente proporcionais ó roubado. Os que arruinaron caixas de aforros, ou países, están libres, ou en cargos. Si algún xuíz se mete con iles vai á rúa; pola contra hai caso como o do esmoleiro que afronta unha pena de ano e medio de cárcere por roubar presuntamente media baguette nun panadería de Badalona. Pese ó mísero botín, a fiscal non dubidou en pedir para o procesado,unha condena de 18 meses de prisión. Carmen, de 92 anos, e Urbano, de 76, foron denunciados e citados a un xuízo inmediato por roubar unha lata de anchoas nun supermercado. En contraste, a Audiencia Nacional condenou a dous anos de cadea ós directivos de Novacaixagalicia, situación igual en moitas Caixas saqueadas. A xustiza non está pra grandes roubos e estafas, nin pra grandes corruptos; está pra roubagaliñas.
0 comentarios