2º cacho do Filandón
Muller2, Pois eu fun apañar castañas e quedei así dobrada (fai un xesto, dobrada e cun brazo pra tras e outro pra diante)
Muller 2 Daquela viñeron os veciños a valerme. Déronme fregas de augardente; pero como por fora non me facían nada, puxen a botella a morro a ver se me curaba desde dentro...e nin así!!
Muller2 Así que veu o medico e recetoume un saco de pastillas como pra montar unha botica; co tempo pasou, pero moi mal me sentín, e o meu Xosé tamén. O probe estivo dous meses a dieta.
E1, Véxovos moi alteradas, vouvos ve-la tensión!!. Ui, ui!!...o que me temía. A tensión non está mal, pero o corazón parece un coello tolo. Tédevos que calmar!!
E2, Veña, a comer!!
Muller 2, Eu non podo; teño que esperar que coma Andrés, para que me deixe os dentes.
Muller 3, E logo compartídelos??
Muller 2, E outras cousas!!
Muller 1, Noooo...eiquí vai pasar algo!!. Comézase compartindo cousas...e despois quen sabe.
Muller 2, Seica tes envexa??
Muller 3, eh, eh!! Eu prefiro comer morcillas cocidas ca compartir-los dentes.
Muller 2, Ti non tes quen chos preste, e tragas a comida enteira. Estás fodida!!
Muller 3, O mellor é que te cases co Andrés.
E2, Xa, e logo poñe-la lista de vodas na Farmacia de Palmira!!
0 comentarios