Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GOBERNO, OU MAFIA

GOBERNO, OU MAFIA

 

  Iberdrola, consciente da elevada demanda enerxética en decembro de 2013,  a mala leite, decidiu deixar de producir electricidade hidráulica, para provocar un incremento adicional no prezo da luz. A manipulación para encarecer a electricidade en Nadal fíxose ó largo de varias semanas e o impacto da "estafa" nos consumidores, superou os cen millóns de euros, a multa da CNMC foi de tan só 25 millóns, un negocio redondo para Iberdrola. Unha vez máis Mariano Rajoy, Soraya Saez e o ministro Soria aplican a súa máxima "ó amigo favor e o inimigo Lei" e seguirán cambiando só as leis que os banqueiros, millonarios e conselleiros lles digan.  Mentres tanto os cidadáns vemos como cada mes o recibo da luz encarécese, e encarecese, tras os enganos, estafas e o timo do déficit tarifario, mentres o ministro  Soria e Soraya Saez de Santamaría, rin de todos os españois dicindo que a luz baixou un 50% desde que eles están no goberno. Desembalses de auga para evitar producir enerxía hidráulica barata, ou parar aeroxeradores cando sopra o vento, son outras prácticas habituais da multinacional. Se o presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, fose estadounidense, tería que dar explicacións no congreso, pra despois dimitir e ser xulgado. Se Ignacio Galán vivise en China, xa o haberían axustizado publicamente, pero como vive en España, Ignacio Galán seguira impune, mentres centos de miles de españois viven na miseria enerxética. Pra poñer a guinda, o PP  prohibiu e perseguiu o uso de enerxía Solar, no país máis asollado da UE.

0 comentarios