XENERA MISERIA
O goberno de Feijoo aplica, desde a súa chegada ao poder en Galicia no ano 2009, unha estratexia deseñada para desmantela-la Sanidade Pública e xerar espazos de negocio para as empresas privadas a expensas do diñeiro público. Nestes últimos anos o goberno galego aplicou unha severa redución dos orzamentos sanitarios e fixo recortes profundos na dotación de persoal e camas hospitalarias; paralizou o Plan de Mellora e desmantelou a Atención Primaria; aplicou medidas privatizadoras nos hospitais así como en moitas áreas sanitarias que pasaron a mans privadas; tamén previron implantar as Unidades de Xestión Clínica que poñerían a disposición das empresas a actividade asistencial. A inversión e non se pode tomar como tal o pago de canon ás empresas privadas, é mínimo; incluso os gastos correntes se recortaron ata o estremo que se abandonou a conservación dos centros de saúde, material de cura, de realización de probas, etc.
0 comentarios