Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ANO DE FEMINAS

 

   O ano que conclúe foi un ano de féminas senlleiras, que non se distinguiron precisamente polo que fixeron polo seu xénero, nin pola humanidade senón todo o contrario; entre outras moitas, destacou Pilar Rojo, que dende a Presidencia do Parlamento fixo de escudeira de Feijoo, pero a súa última flor votouna na  ofrenda rexia, na que despotricou contra do laicismo dalgúns políticos, ós que a constitución ampara a liberdade de culto, pero o PP utiliza a constitución  pro que quere, e cúmprea cando quere; que non se distinguiron precisamente polo que fixeron polo seu xénero, nin pola humanidade senón todo o contrario. Merkel incentivou a emigración de sirios pra crearlle problemas ó goberno Sirio; a quen llos creou en realidade foi a Europa, con yihadistas camuflados cos inmigrantes,  e ós que lle creron as súas mentiras, prometéndolles un paraíso, que non se diferenza moito do que lles prometen ós fanáticos terroristas.  Cristina Lagarte, a impresentable directora do FMI, que arruína a países coas súas políticas,  e logo queixase de que a xente non morra antes, pra non pagar pensións, a costureira Soraya, que pon o se saber a disposición do mal, Cospedal que deixou a Castela a Mancha na ruína e inventora das mais incribles explicacións sobre a corrupción ; a lideresa socialista, presidenta da Junta de Andalucía, que representa ó sector mais dereitista e menos socialista do PSOE que quere presidir o PSOE pra manexalo a favor do liberalismo económico e menos social do partido.

 

 

0 comentarios