Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN PACTO

 

  De súpeto, anunciando a primavera, xorden os pactos. En Cataluña i  en Madrid; todo é amor e bo rollo. O odio é como un neno recen que se esconde no fondo destes pactos. En Cataluña, unha dereita capitalista non ten reparos en xuntarse cos que piden a desaparición do sistema de explotación capitalista pra facer fronte ó imperialismo español. En Madrid, un acordo de dereitas nomea presidente do Congreso a Patxi López e  deixa fora da Mesa a Podemos. O acordo de Madrid, como si fora o precursor da chegada das andoriñas, anuncia a formación dun pacto contra Podemos, non pola salvación de España como enfatizan, en todo caso o que queren é salvar os seu privilexios e protexer ós corruptos 

 

0 comentarios