Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN CIRCO

 

  Foi unha decepción PODEMOS co circo montado durante a constitución do Congreso. Non foi unha primicia o do neno da Bescansa, o mesmo que Carolina Bescansa, a exdeputada de EU Ángeles Mestre tamén levou ó seu bebé ó Congreso fai agora pouco máis de 24 anos, daquela non había gardería no Congreso. Mestre non o introduciu no hemiciclo, deixouno ó coidado da súa avoa no despacho do entón presidente da Cámara Félix Pons,  Saía e entraba para dar de mamar ó neno, que contaba mes e medio; pero a de Bescansa si foi unha imaxe polémica, porque moitas nais non poden leva-los seus fillos ó traballo e ela montou un sarao. Tampouco foi moi digna a imaxe dalgúns Deputados de PODEMOS cun aspecto desaliñado e sucio, aínda que se duchen, que unido á forma de xuramento, non era a mellor imaxe de presentación en sociedade da formación morada. Agardemos que a hora do traballo sexan mais serios e menos mediáticos.

 

 

0 comentarios