LONGO SILENCIO
O que foi director do Banco de España, Fernández Ordoñez, rompeu o seu longo silencio, sinalando que o rescate da banca se puidera haber evitado si o PP, en lugar de sementar dúbidas nos mercados culpando ó goberno anterior de mala xestión, houbera sido mais responsable, o que evidencia a necesidade de cambiar o xeito de facer política en España. O rescate que o PP sempre negou e, que obstinadamente, sigue negando, é un lastre pra economía española, o goberno de Mariano Rajoy, con Luís de Guindos como ministro de Economía, cometeu o erro de magnificar os problemas do sector bancario español para criticar ó Executivo anterior e xustificar o papel salvador do novo Goberno. Pero o que conseguiu foi aterrar aos investidores e converter en inevitable o rescate
0 comentarios