CRUEIS
O premio nobel de economía Stiglitz tachou o goberno español de cruel e mentiroso, que anuncian uns logros económicos falsos. Sigue sen reduci-lo déficit, forte desequilibrio económico e alta taxa de desemprego, maquillada coa creación de emprego temporal e precario. A creación dunha nova clase social, constituída por traballadores pobres, é o fundamental logro do PP. En España non se levou a cabo unha política de austeridade, senón un austericidio, que recaeu sobre os mais pobres e destruíu familias. A pregunta é qué ocurrirá cando as pensións non se podan pagar, porque o déficit de recadación sigue medrando, grazas a baixada do emprego estable e de calidade
0 comentarios