QUEREMOS CRECER
Queremos medrar, ser maiores, sen tutela. O 23 F foi un retrato dos personaxes daquela, que hoxe se resisten o seu papel a pasar a segunda fila e seguen considerando a España o seu cortixo. Non é o feito de que se agacharan, deixando o cu fora, en comparación á valentía de Adolfo Suárez, Gutiérrez Mellado ou Santiago Carrillo, cando soaron os tiros, ó fin é algo humano. Tampouco merece a pena recordar toda corrupción socialista, falar do hermanísimo de Alfonso, das promesas incumpridas, que non son poucas, da traizón a clase obreira, tamén da falta de lealtade democrática que mantiveron durante o goberno de Adolfo Suárez e a desmedida ambición que lles situou en demasiadas ocasións nos parámetros dos golpistas, facéndolles o xogo. Foi ese comportamento o que lles colocou en posturas antidemocráticas e terminou por escribir o nome de Felipe no errado goberno de concentración de Alfonso Armada. Goberno antidemocrático ao que nin o Rei nin eles xamais se opuxeron, ata se reuniron co propio Armada.
0 comentarios