ARROGANCIA
A certeza que daba a alternancia no poder creou nos vellos partidos unha arrogancia incompatible coa situación actual de dispersión do electorado. As vellas glorias do PSOE reprenden, ameazadores, ós novos dirixintes e lánzanlles anatemas sobre posibles pactos, semellan monarcas destronados de casas reais centenarias. Reclaman un ríspeto de vellos venerables, glorias jurásicas, que grazas ó poder que noutro tempo tiveron, hoxe danse a gran vida. É ese temor a perde-los privilexios o que leva a deixar a súas guaridas pra marcarlle o delfín a linias vermellas.
0 comentarios