PRA BOAS TRAGADEIRAS
Non é doado ser socialista cando os ideais de xustiza social son ignorados e se intenta facer mofa das bases. Houbo unha perda constante de militantes socialistas, non porque a xente non se queira implicar en política, se non por que ven que os ideais xa non contan e solo os trepas, que non teñen mais obxectivo que vivir do poder, medran. Pero o mazazo definitivo pras conciencias socialista chegou co acordo con CIUDADANOS, no que non se trata da reforma laboral, da Lei Wert, da Lei Mordaza, dos recortes en sanidade, e tódalas leis antisociais aprobadas polo PP. Incluso a éstrella do acordo, a supresión das Deputacións, foi matizado e solo será un cambio de nome. Ribera foi felicitado por Rajoy por haber desactivado ós socialistas, que non lograron impoñer no acordo mais do 10% do seu programa. Triste acordo pra xente de esquerdas, traizoados unha vez mais, solo Susana Diaz gaña.
0 comentarios