OS LOGROS
Os logros do Goberno Feijoo son preocupantes. No tempo que leva no Goberno Galiza pasou de ser unha rexión cunha riqueza equivalente ó 90% da media europea a ter menos do 80%. En sanidade retrocedemos 15 anos e o mesmo en educación. En dereitos sociais estamos na cola do estado, agravado pola existencia de organizacións utras financiadas pola Xunta. Hai unha fuga constante e alarmante de xente nova, de cerebros e de empresas. Dende o PP din que a deslocalización de empresas débese a que noutras autonomías a man de obra é mais barata. Mentira, Galiza ten os salarios e as pensións mais baixas do Estado. O peche de granxas alcanza proporcións catastróficas, as mulleres teñen que ir interrumpi-lo embarazo a Madrid. Galiza país desolado, solo con vellos. Ese é o aval de Feijoo.
0 comentarios