Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ACURRALDO

ACURRALDO

 

  Son tantos os casos de corrupción e malas compañías que cercan a Feijoo; dende a compañía e amizade con narcos ás axudas ós mais variados grupos de intereses. Destacan empresas dedicadas á sanidade, á educación, á dependencia, os cursos ós parados, as obras públicas e   os servizos, etc. Alí onde haxa un euro están os amigos de Feijoo, pero el nunca foi investigado. Domina todo que pode pasar en Galiza, nada se move sen o seu consentimento e iso explica a súa impunidade. Tubo que vi-la orde de fora de Galiza, pra descorre-lo velo. A oposición leva anos acusando a Feijóo de favorecer desde as institucións á empresa Eulen, da que a súa irmá é apoderada en Galicia. A defensa formulada ata agora polo PP é que a citada é unha gran empresa cun importante número de traballadores. O argumento  esfarélase  trala intervención da Policía Xudicial  no Concello da Coruña, onde requisou, entre outros, un contrato por 2,3 millóns de euros asinado con Eulen en 2012, durante o mandato do entón alcalde, Carlos Negreira, un dos dirixentes do PP máis próximos ao presidente da Xunta. 

0 comentarios