Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MANUEL MARIA

MANUEL MARIA

 

  Foi un bo home, magoa que teñan que dedicarlle a el o dia das LERTRAS GALEGAS, para que o recorden, Os que o coñeceron sempre o recordaran

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar! 

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!


Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"

 

0 comentarios