Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CON GALÓNS

 

 

   A batalla pra lidera-lo PSOE galego foi un resultado contra pronóstico; Méndez Romeu contaba co apoio de tódolos baróns galegos con mando en praza e tamén co resto dos baróns que algún día foron algo, ou pretenderon selo. O profesor Leiceaga gañou a batalla. Por un intre foi un centella que brilou no ceo, e imaxinamos o bello profesor Tierno Galván sonrir dende o alto. Gañaba o socialismo de base e os galóns perdían a batalla. Leiceaga foi un guerreiro que  pelexou sen mais armas que a convicción nas ideas, foi a conexión cos peóns, os guerreiros, que a diario, loitan na rúa se outra arma, sen outra ambición , sen outra sinecura, que a defensa dunhas ideas. Non é que Méndez Romeu sexa un mal tipo, pero no seu zurrón levaba demasiada naftalina. O PP non xogaba, aparentemente, neste partido, pero o seu voceiro en Galiza deixou clara a súa preferenza por Méndez. Na Habana, os mojitos convertéronse en tempestades da noite tropical, mal día pra Feijoo.

 

 

0 comentarios