Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MIMA-LO VOTO

MIMA-LO VOTO

 

    O graneiro de votos do PP, iso que sostén o seu chan electoral está constituído polo voto rural, ademais dos maiores de 55 anos, razón pola que Rajoy se prodiga en lugares, que parecen solitarios pero que supoñen un achegamento os seus votantes. En Lugo visitou unha granxa de un militante do PP en Castela a Mancha un campo de alcachofas; en Asturias unha pequena aldea. Así evítase os polémicos encontros con xente que padece as súas políticas. Gandeiros de Lugo intentaron, sen éxito, entrevistarse con el. É sabida a angustia na que viven os gandeiros, pero o Presidente deixou claro que non é o Presidente de tódolos españois. Solo os da gaivota poden te-la esperanza de que Rajoy se digne miralos

0 comentarios