Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

LIBERDADE

LIBERDADE

 

 Todos críamos que  vivíamos nun réxime de liberdades, gran erro. Vivimos nun réxime policial, en liberdade aparente. O escándalo da publicación das conversas do Ministro do Interior co Xefe  da Oficina Antifraude de Cataluña, evidencia a corrupción mafiosa do goberno. Non é este un episodio illado,  é, pra nosa desgraza, o proceder diario desta banda. O de PODEMOS, a conspiración cos opositores venezolanos, coa posta en escena de Felipe González e Gallardón, vergonza nacional, que nos arrastran ó fango creado en Venezuela por os políticos chegados de Florida. Xa quixeramos ter en España a posibilidade dun referendum revogatorio igual o de Venezuela. A Rajoy xa lle houbera sinalado a saída fai tempo, en lugar delo temos a Lei Mordaza.     

0 comentarios