Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TRALA VERDADE

TRALA VERDADE

 

    O comité dirixido polo ex alto funcionario John Chilcot, que foi designado polo sucesor de Blair, o tamén laborista Gordon Brown, en 2009. Tras sete anos de investigación, a conclusión é que o apoio de Reino Unido á administración de George W. Bush, na guerra de Irak, foi innecesariamente cego. "Estarei contigo, pase o que pase", escribira Blair a Bush en 2002. Blair intentou dar explicacións este mércores trala publicación. "Quería asegurarme de que Estados Unidos non se sentise só" e "tomei unha decisión, e mantéñoa", dixo. O expresidente Bush tamén emitiu un comunicado a través dun portavoz sobre o informe Chilcot. "O presidente Bush segue crendo que o mundo enteiro está mellor sen Sadam Husein no poder", será cínico. O líder do trío das Azores, José María Aznar, sostén, el e a súa panda,  que España non  foia á guerra de Irak. Os 2.600 soldados que estiveron alí, os mortos na guerra, son solo espellismos. Tampouco  estivo nas Azores. Aquel era un dobre. O certo é que el foi un entusiasta da guerra. 

0 comentarios