Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NIN SE FALA

NIN SE FALA

 

  Nada se di do futuro das pensións. Pro PP é un asunto tabut porque choca coa    súa política. Por un lado a incerteza crea medo, e o medo interésalle ó PP. Visto o uso que o PP fixo da ucha das pensións, os ingresos da SS, á baixa, non  hai pensións pra moito. O recurso preferido do PP é privatiza-las pensións; pero, cómo pode un traballador que cobra, no mellor dos casos, o salario mínimo facerse un plan de pensións. Non digamos dos que solo fan  traballos eventuais, pra elos isto é impensable. Hasta agora as pensións non lle custan nada ó Estado,  páganse cos ingresos por cotizacións, pero a reforma laboral do PP merma estes ingresos. A  posible solución estaría en crear un imposto novo, pagado por todos os cidadáns, para asegurar as pensións. Esta non debería ser un problema, pero de novo choca coas promesas do PP de non subi-los impostos.  Este sistema estase facendo noutros países do noso entorno. O único e gran defecto que ten é que non é popular, en ambos sentidos do término: nin lle gusta ó actual partido aínda no Goberno, nin soa moi positivo para a maioría da poboación a creación dun nova tributo. Pero algo haberá que facer e rápido. Deixalo todo de novo en mans do tempo e da creación de emprego estase mostrando claramente insuficiente, sobre todo tendo en conta a escasa calidade en salario e cotizaciones dos novos postos de traballo.

0 comentarios