ACTORES NOXENTOS
Feijoo utilizara unha familia de eivados nunha campaña electoral, agora os dependentes son castigados pola política do PP. Como en tódolos campos os mais febles e necesitados son os peor tratados polas políticas das dereitas. Mentres os exministros se van pra postos de xubilacións de luxo, como Wert, ou lles pagan como a Soria un salario mensual de case 5.000 euros, ós pensionistas viven na incerteza do seu futuro, co medo a unha segura pobreza. Os adiñeirados ponse de uñas, teñen medo que lles molesten. O protagonista dun anuncio publicitario do PP, que dicía que el traballaba na construción e era do PP, foi colocado, pouco despois, a dedo polo goberno do Partido Popular no Concello de Leganés como asesor de Obras e Servizos Comunitarios, hasta que perderon a alcaldía , cun soldo 40.000 Euros ó ano. I é que non hai como ser do PP pra vivir ben. Esa e unha das razóns pola que moitos pobres votan ó PP, eles tamén quere vivir ben; pero equivócanse, no pasaran ó banquete solo serán mais pobres
0 comentarios