ENCALLADA
A elección de Presidente do Goberno está encallada. Rajoy non ten presa, toma unas vacacións e durme a sesta á sombra dun carballo en Ribadumia. De feito Rajoy quere facer pasar á oposición polas forcas caudinas, pra liquidalos e humillalos. As infantís esixencias de Rivera teñen que ser visadas pola cúpula do PP, teñen que dicidor si seguen roubando ou non. Rivera esixe que non haxa imputados no Goberno. Difícil cuestión xa que o mesmo PP está imputado. O doloroso é que o país estano tomando de coña. Os Deputados non debían cobrar mentres non houbera Goberno, dese xeito amosarían mais dilixencia en cumpri-las súas funcións. España non pode permitirse pagar por vaguear
0 comentarios