MAIS E MAIS
Son momentos de balance. É o momento de facer balance das dúas lexislaturas de Feijoo. Hai mais paro que cando chegou ó goberno; moitos emigran pra atopar emprego, a outras zonas de España e ó estranxeiro. A emigración volve a sacudi-lo país, pra Feijoo son solo números que reducen o paro. As listas de espera na sanidade son maiores; cando chegan a unha espera escandalosa, bórrase a lista pra facer unha nova e conte de cero. Hai mais paro, pero os empregados cobra menos que os do resto de España, traballando unha media de catro horas mais á semana. A dependencia é unha rareza que se pague. As transferencias de diñeiro á sanidade privada medrou un 54%, as transferencias ó ensino privado están na mesma onda. Fai oito anos que non hai oposicións e o persoal entra a dedo. Multiplícanse os chiringuitos administrativos, non solo en Santiago, senón noutras capitais. A Débeda pública medrou esponencialmente. Os casos de corrupción xa suman a trintena e apuntan a Feijoo. Dos incendios forestais son dramas, dos que hai culpables privados, pero tamén a Xunta. As 1.200 medidas anunciadas p or Feijoo na campaña electoral, poñen en evidencia o pouco que fixo; bueno, algo fixo, desfacer o que fixera o bipartito
0 comentarios