COMBUSTIBLE
O minifundismo fai inservibles as parcelas pra traballalas con maquinaria, polo que son abandonadas, enchéndose de maleza, un perigoso medio pra alimentar incendios. A chegada de Feijoo ó goberno foi un cataclismo pras terras abandonadas; eliminou a obriga imposta polo bipartito ós propietarios de mantelas limpas. Non fai falla probas pra intuír que algún intres tería nelo. Os pirómanos, sen a inxente cantidade de combustíbel, non causarían máis alá de danos menores. Mais delicado é o asunto dos brigadistas forestais. O PPg, dende sempre, utilizounos pra xerar importantes bolsas de voto semi-cautivo. En moitos casos era o único traballo asalariado posible no ámbito rural. O intento do Conselleiro do bipartito, Suárez Canal, de racionalizar estas brigadas, produciu no seu momento serios problemas. A súa política chocaba cos interese dos alcaldes do PP. A ausencia dunha política forestal, unida a un incomprensible caciquismo, mantennos receos dun secular e tráxico atraso.
0 comentarios