É NECESARIO
Á vista dos acontecementos actuais, xurde unha pregunta, ¿é necesario o PSOE?. Parece que no arco da dereita, ónde se situaría ó actual PSOE non habería lugar pra dous partidos cos mesmos prantexamentos; ambos solápanse. Pero o socialismo é necesario, sempre que exista intención de facer unha sociedade mais xusta e un lugar pra utopía, pero un socialismo que se desprenda dos dinosaurios e sen a corrupción co atafega nalgunhas instancias e nalgúns territorios. O PSOE actual morreu e sobrevive na agonía das contradicións que o levaron a autodestrución. A escisión é inevitable. As palabras do barón Alfonso Guerra son elocuentes, así como as de Leguina, que demostran que esa xente está noutra dimensión.
0 comentarios