NO NOME DA LIBERDADE
Felipe González e Cebrián foron apupados na Universidade. A Felipe González saíronlle curiosos amigos na súa defensa, como Cifuentes, Esperanza Aguirre, Rajoy e mesmo Hernando. Aínda soa no vento os apupos o entón presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, durante o desfile da Festa Nacional. Cifuentes, naquel momento vicepresidenta do Parlamento autonómico, escribía o seguinte no seu blog: " Nun país democrático, calquera expresión de protesta cidadá é sempre lexítima. O pobo ten todo o dereito a saír á rúa e manifestar libremente a súa indignación ante as actuacións dos seus gobernantes, sexan da cor política que sexan". Cebrián calificou o escrache como un intolerable ataque á liberdade de expresión. O mesmo Cebrián que despediu ós periodistas que intentaron exercer a liberdade de prensa en EL PAIS. Ó PP tamén se sumou Ciudadanos e, por suposto, LA RAZÓN e ABC. Atrás quedaron os tempos nos que PP e PSOE debían aparentar confrontación, antagonismo. Agora xa non fai falta, porque todo o peor da mafia deste país reuniuse baixo un mesmo epígrafe con nome de película de Pajares e Esteso: Os Constitucionalistas
0 comentarios