COSIDOS
Sen consultalo coas bases, porque lóxicamente dálles vergonza facelo, os socialistas van absterse para que gobernen a organización que hoxe ten a moitos dos seus membros e amigos sentados no banquiño dos acusados pola Gürtel, das tarxetas black, da Púnica da operación Taula, etc..A sultana costureira, Susana Díaz leouse a coser, como prometeu, con tal de que resolvan o dos ERES. Coseu a balazos a Pedro Sánchez e coseulle a boca á militancia para que non proteste mentres cose o PSOE ó PP. Nin sequera van finxir que exploran unha alternativa. O bipartidismo cose a fume de carozo a costura que a crise rachou para pecharnos a camisa de forza da que levamos anos intentando escapar. Cósennos de pés e mans e beizos a Rajoy. Todo cosido e ben cosido.
0 comentarios