GalIcia Galicia Galicia
Feijoo pide que no Parlamento non se descalifique e que todo sexa armonía e bo rollo. Coñecendo as aptitudes de fullero, e sabendo o ben que lle vai no corpo a corpo, parece unha chiscádela á galería. Dicía unha contertulia pepera que os galegos demostraban que eran intelixentes votando a Feijoo, nade o pon en dúbida a intelixencia dos galegos, por iso temos o nivel de vida e desenrolo que temos; tamén os andaluces o son, tamén os americanos. Pero o mais importante pra nos é Galicia, así que volvamos a ese pequeno mundo. Poden estar tranquilos os especuladores, seguirán tendo negocio; tamén os cidadá: emprego pra todos; Feijoo prometeu crear cen mil empregos, con baixada de impostos, o mesmo tempo con orzamentos expansivos. Si iso no cadra é culpa nosa non velo: Feijoo é un mago, todo é posible. Que a maioría dos galegos o apoian, é certo, non é maioría os dous terzos que non o apoian. A propaganda, o clientelismo e os muñidores de votos fixeron o seu, agora tócalle ós contertulios e os medios.
0 comentarios