PROBLEMAS DE CORRUPCIÓN
O votantes de corruptos poderían ter un problema de disonancia cognitiva, ou ter unha especie cortocircuito cerebral, que lles fai alleos ós problemas de corrupción. O mais probable é que a causa sexa algo mais sinxelo: os votantes ven no corrupto a alguén gañador e senten admiración por el; tamén pode ser algo mais pragmático. O corrupto asimílano a poder, i é ese poder é o que lles pode favorecer. Isto parece ser o que ocorre en Galicia, onde o PP ten tecida unha tupida rede clientelar.
0 comentarios