Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS QUE HAI QUE RESCATAR

OS QUE HAI QUE RESCATAR

 

  Vivimos nun mundo complicado, porque nos encargamos de complicalo. Miles de familias na pobreza, nenos que van ó colexio sen comer, xente que dorme na rúa porque o banco lles quitou a vivenda, un banco que rescataron. O goberno pasa desas traxedias dicindo que non ten cartos. De súpeto os cartos aparecen cando rescata as autopistas. Empresarios con 116 empresas en paraísos fiscais son premiados con indemnizacións polo castor e por autopistas en quebra, herdade de Aznar, coa política do goberno de socializa-las perdas e privatiza-los beneficios

0 comentarios