Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

! POR FIN!

! POR FIN!

     Nun lugar de Oriente, acudiu un aldeán á consulta dun sabio pra pedir consello. Tiña unha casa pequena e viñeran a vivir  a miña casa meus sogros e tres cuadas, non cabemos, temos moitas incomodidades. A solución que lle propuxo o sabio  foi sorprendente. Mete na casa as catro vacas e os porcos. Ó pouco volveu á consulta do sabio pra dicirlle que aquilo se  convertera nun caos e era imposible vivir alí. Entón o sabio recomendoulle que sacara da casa as vacas e os porcos, e volvera a xunto súa pra que lle dixera como lle ia. O home díxolle que por fin aquilo era tolerable. No prazo de dez días a electricidade subiu un 26%, agora baixou un 4% e a xente xa sentiu alivio. ¿Será que queren saber canto aguantamos, sen que isto estoupe?  

 

0 comentarios