O PROFESIONAL
O profesional molesta; a certos círculos do poder irrítanlles os profesionais independentes, ós que pensan e no son compracentes co poder. Fai pouco, o Presidente de Murcia tivo unha entrevista co Ministro de Xustiza. Resultado, o Fiscal Xefe de Murcia foi cesado, e con el tódolos fiscais que meten as narices en casos de corrupción. España é un dos países mais corruptos do mundo, e a xuízo do PP deberá seguir sendo. O Fiscal Xeral de Murcia, cesado, denuncou en público que sufriu intimidacións, igual que moitos dos seus compañeiros. Ós Fiscais de Murcia non se nos fixo a vida especialmente agradable, antes de expor que a outro compañeiro entráronlle na súa vivenda en dúas ocasións para levar información sensible. Só levaron o seu computador. Nin sequera algo de diñeiro para disimular. Non pode ser que ao final os perseguidos sexamos os fiscais por diante dos corruptos. Dixo López Bernal que en caso de non combater este problema, nuns anos podería darse o caso de que ninguén se mostrase disposto a loitar contra a corrupción.
0 comentarios