Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GUERRA ABERTA

GUERRA ABERTA

 

  Nun estado de guerra aberta, vive Venezuela. As bandas armadas organizadas pola extrema dereita, co apoio yanki, están sementando o terror e a morte en Venezuela. Non solo as persoas as que son obxectivo dos terroristas, tamén as propiedades privadas que non sigan as consignas dos OPOSITORES. Así se explica que aparezan enterrados  bens de consumo, porque os donos de tendas e  supermercados temen as represalias. Teñen que construír barreiras electrificadas pra  protexerse dos asaltantes. En certo modo, pero con mais terror, recorda ó Chile de Allende. A desinformación mundial, construída polos dirixentes da MUD, apoiados polas grandes transnacionales da comunicación e redes sociais quérennos facer  crer que en Venezuela hai unha ditadura terrible e antisocial, contando ademais co aval do Secretario Xeral da OEA, Luís Almagro, quen intentou establecer oficialmente que en Venezuela había un crebe da orde constitucional. Un 20% da gasolina que se distribúe en EEUU é de orixe Venezolano. Os portes do petróleo venozelano son moi inferiores ós de Oriente Medio. EEUU quere ese petróleo. Onte foi Siria. Hoxe Venezuela. Mañá podemos ser nos. Non escondamos a cabeza

0 comentarios