COMPLICES
EEUU non precisa de argumentos sólidos pra intervir onde lle pete, pero mellor se ten cómplices baratos. Xa ten Perú e Colombia como bases de operacións pra intervir en calquera país de Sudamérica. Agora necesita Brasil e Arxentina como cómplices pra intervir en Venezuela. As condicións de violencia xa as ten. O que máis me espanta de Venezuela é a oposición, ou unha parte moi importante dela. A radicalización e o que está facendo Almagro desde a OEA, ó servizo dos EEUU, é un perigo, non só para Venezuela, senón para todo o continente. O mesmo Papa deplorou a falta de diálogo da oposición Venezolana. Si queren chegar á presidencia da República, que compitan legalmente en 2019. Hai que dicilo: a dereita venezolana e latinoamericana é golpista, non é verdade que creen nin que respectan a Constitución, todo isto é pura montaxe. Eles son o que fixeron en 2002: o seu proxecto é varrer co goberno, cos poderes públicos, a Constitución, as políticas de 2000 ata aquí, e restaurar un goberno de élites, que garanta que as riquezas, ademais de pros yankis, son para uns poucos. Capriles, Macri, etc non queren que haxa para resolver unha determinada crise, iso é unha vulgar pantalla. Son solo peóns dunha política deseñada por Washington. Esperan, mediante a violencia, que o pobo lles entregue o poder, porque o merecen como clase, e porque os seus amos americanos así o queren. Os actos vandálicos en Venezuela son mostrados polos medios de comunicación como actos heroicos, cando solo se trata de violencia organizada por grupos profesionais . En Arxentina hai presos políticos dos cales non se fala. En Estados Unidos mátase a cidadáns negros. En España mállase, sen piedade ó manifestantes, por cousas moito menores que o que fan os encapuchados en Venezuela. Fronte a iso, hai que denunciar a situación calamitosa dos Dereitos Humanos en todo o continente, mostrar o que fai a policía e os paramilitares en México, Brasil, Colombia, Fonduras, Guatemala, República Dominicana. Controlados por Washington os medios de comunicación, pra manipula-las noticias no seu intres, resulta imprescindible a difusión da verdade polas redes sociais que é a forma en que desde fóra podemos axudarlles.
0 comentarios