As cifras da economía española, que da o goberno, son falsas; e todo o mundo cala e os medios de comunicación son cómplices. España diríxese cara á suspensión de pagos coa maior burbulla de débeda da historia. Esta é a principal conclusión do economista Roberto Centeno, quen enviou un informe á Comisión Europea no que pon en dúbida os cálculos económicos que presenta o Goberno español a Bruxelas. Baseándose nos datos do Banco de España, Centeno sostén que a débeda do país non sería do 100% do PIB, senón que chegaría ao 141% do PIB oficial, xa que o Protocolo de Déficit Excesivo non contabiliza toda a débeda, senón só unha parte. |
0 comentarios