Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DO ESQUECEMENTO Ó DESPRESTIXIO



As medallas Castelao perderon toda o prestixio e significado que as rodeaba no principio. Eu pensaba que a condición esencial era recoñecer un aporte singular a Galiza, ou destacar na sociedade como galego. O sectarismo do PP introduce unha condición determinante, obviando tódalas demais. Ser do PP ou cercano. Utilizaron indecentemente a Angel Blanco, facendo desprezo e demérito de tódalas vidas segadas polo terrorismo. Se aínda iso no fora suficiente queren sumir no desamparo e no esquecemento ás vítimas do accidente de ANGROIS. Están enfadadísimos porque o PSOE apoia unha comisión de investigación no Congreso, non sexa que Ana Pastor apa6reza aí. Eles xa se encargaron de blindala facéndoa Presidenta do Congreso. O seu principal alegato é que xa hai unha investigación xudicial, á que, por certo, eles non puideron paralizar que investigaría temas civis e pe nais. Á Comisión de investigación correspóndelle os políticos. Ó día de hoxe o PP aínda non mandou instalar o RTMS , e xa hai catro anos do accidente

0 comentarios