Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

PERIGOSO

PERIGOSO

 

    A manifestación pola sanidade publica foi unha mostra esperanzadora de que este pobo aínda  está vivo. Os peperos, como era de esperar, restáronlle importancia e falaron de que estes actos desprestixian a Sanidade Pública. Eles si que a desprestixian, quitándolle recursos. Din que dedican  mais diñeiro a Sanidade. Si á privada; na pública reduciron o persoal, cerraron prantas enteiras e baixaron ostensiblemente o número de intervencións. Algúns profesionais  da publica actúan como troianos dentro do sistema. Debía estar prohibido simultánear o público e o  privado. As intervencións na privada  sáenlle ó SERGAS  un 70% mais caras, pero eles  veinno como un negocioA utilización de instrumental de    hospitais públicos en clínicas privas ten que ser penalmernte perseguido  

0 comentarios