Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

FALADE

FALADE

 

 

  Os xubilados tomaron as rúas. Un colectivo tan manso e servil ó poder xa non quere selo mais. O PP asustase, parece que non bastante, e quere falar no Congreso. Non é tempo de falar, senón de dar solucións. Pra falar tiveron mais dun ano, un ano no que bloquearon tódalas propostas, entre a Bañez e a Villalobos, con desprezos e burlas. Di Rajoy que el quere subilas pensións pero que non pode. Si puido rescata-las autopistas, facerlles regalos ás eléctricas, a Florentino, rebaixar impostos ós ricos, favorece-lo fraude fiscal, etc. hai diñeiro pra armamento, pra airexa, pra monarquía, pero non  pras pensións. Non solo hai que revaloriza-las pensións, tamén hai que garanti-lo seu futuro, por iso a loita é tamén dos que aínda non son pensionistas. O PP e CIUDADANOS son antisociais e queren elimina-las pensións públicas. Malditos sexan eles e os que lles seguen o xogo.                                                      

0 comentarios