UNHA PROMESA
;
Rajoy comparece no Congreso forzado pola oposición pra falar das pensións. A súa comparecencia é un alarde de cinismo difícil de igualar. As súas palabras vacuas están dirixidas a uns votantes fieis, a aqueles masocas que naceron pra que os maltraten e os que non lles importa o futuro das pensións, porque eles xogan noutra división; no PP sábeno, saben que dos 9.000.000 de pensionistas, un 40% vanos votar, fagan o que fagan. Rajoy apela á herdade recibida, pero oculta que fúndeo a ucha das pensións, o rescate bancario e o subemprego. Cos mesmos mantras de sempre, fan augurar un negro futuro, porque os futuros pensionistas non son conscientes do que lles agarda no paraíso pintado por Rajoy
1 comentario
Murada -