A RAPAZADA
Cando morra a xeneración que hoxe fala galego, como moito dentro de 40 anos, o galego desaparecerá. Non é un agoiro, moito menos un desexo. A rapazada, que é o futuro, non fala galego. O galego deixara, de feito xa deixou, de ser a lingua do berce, pero tamén vive momentos de decadencia no ensino, no que grazas a Feijóo está como un floreiro con forres murchas. María Vitoria, extrémena, profesora de Lingua e Literatura Española, veu destinada a Galiza, sen coñece-lo galego; en Lugo coincidiu con Alonso Montero, que seguro que lle meteu o veleno do galego. Escribiu incluso a letra dunha canción de Fuxan os Ventos, tamén de probada militancia galeguista. Foi en Pontevedra, as épocas escuras do franquismo, onde escribiu a súa obra e transmitiu os seus alumnos o amor e o respecto ó galego. Daba gusto oíla falar en galego, era galega por elección, e non sendo galega sentía un amor por Galiza como, desgraciadamente non senten algúns galegos. En círculos sociais acósase ós galegos falantes, menosprécenos e ridiculízanos. !probes ignorantes!, son galegos castrados
1 comentario
Murada -