Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MOI DMÓCRATA

MOI DMÓCRATA

 

 

   Hoxe votan as bases sobre o asunto da Deputada de Podermos Paula Quinteiro. Ela, nun alarde de fe democrática xa adiantou que non respectará o resultado da consulta, pero aínda fixo mais, nunha comprensible defensa, incitar ás bases ó boicot da consulta.  É de esperar que as bases acerten na súa decisión soberana. A ver si se decatan de que o cargo de Deputad@ non é vitalicio nin che da patente de corso. Comprendo que é un valor inestimable pro seu grupo parlamentar, que a súa entrega no Parlamento, e as súas orixinais aportacións son moi valiosas, o mesmo que a contribución á imaxe do seu Grupo. Non dan imaxe de alternativa de goberno, un Grupo que non se entenden entre si,  como pra pactar con outros. Do mesmo xeito, a imaxe dos elixidos non é moi construtiva a que da quen anda envolta en gamberradas

2 comentarios

Murada -

Ten guasa esta rapaza!!! Paula Quinteiro non deixa a acta de deputada "por responsabilidade política", non acepta o resultado da consulta xq non a considera vinculante e non voutou a xente q a apoiaba. E, Paula, ao teu posto de enfermeira mellor q non volvas. Q perigo!!

Murada -

De acordo co comentado. Esta xeración de novos políticos semella máis un patio de recreo...nin educación, nin respeto, tanto aos propios como aos demais. Q terá o escano q tan difícil é de deixar!! Esperemos q a Paula lle veña o sentidiño común, o cumprimento das normas; o mesmo q a súa compañeira Tania Sánchez q mentres hoxe, no hemiciclo, se estaban a debater os orzamentos ela comía unha mazá e estaba de leria con Errejón; Ana Pastor, presidenta do Congreso tivo q chamar a atención máis dunha vez. Uns rouban a mans cheas, outros miran e non din nada...isto é unha comedia!!!