CULPA: O CHEIRO
A Rajoy derrotouno a corrupción. O recoñécente da corrupción, a regaña dentes, da corrupción institucionalizada foi o tiro de gracia a Rajoy. A saída de Cospedal, con cara de pau e chulería, intentando minimizar o alcance da Sentenza da Gürtel, incorrendo en contradicións, mesmo dicindo que a van a recorrer, o que resulta incomprensible, si non lles afecta, como dixo ela; non fixo mais que enreda-las cousas. O PP é unha gaivota abatida, que cae á terra, na caída espanzurarase, sen que haxa veterinario que a salve, cubrindo a terra de merda. Foi unha caída do PP en picado, ó que lle pode ocorrer o mesmo que UC. De momento, algunha enquisa sitúa ó PP en 4º lugar, en intención de voto
1 comentario
Murada -