Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

A QUE NON SABE

A QUE NON SABE

 

     Os Mato, ou mais ben os Sepúlveda, son desa caste de mamíferos que nunca deixan a teta. Cando un se acostumbra a telo todo de gorra e a cano roto, é difícil amoldarse a unha vida sen eses luxos. A Mato, apropiado nome para unha ministra de sanidade, disfrutou de viaxes, hoteis, festas privadas e exclúsivas pros seus retoños, complemetos e artículos de moda a cargo de GÜRTEL, pero ela non sabía donde viñan os cartos. Ana Mato demostrou ser, ademáis de mala ministra, moi rencorosa. As farmacéuticas que particgiparon nun concurso de suministros para Junta de Andalucía, marxinounas; esa soe ser un modo de comportarse de persoas mediocres e ruíns. O marido da Mato, dende que cesou como alcalde de Pozuelo, pola súa implicación no GÜRTEL, figura e cobra do PP como asesor, pese a que non fixo ditame algún. O de Floriano, decindo que non poden despedir a Sepúlveda é tratarnos de estúpidos; ó mellor ten razón, somos estúpidos.

TRANQUILOS

TRANQUILOS

  Nunca tanta xente houbo con problemas de ansiedade. é habtual o consumo de ansiolíticos.

O LIXO DE FEIJOO

O LIXO DE FEIJOO

 

   A austeridade fe Feijoo é como un embudo, ancha por un lado e estreita por outro. Nos orzamentos deste ano cosina pra profesores de relixión 31 millóns de euros e incrementa a partida destinada ó ensino privado en 138 millóns. Recorta en ensino público, axudas a creación de emprego e sanidade, onde curiosamente hai 50.000 euros pra curas e 800.000 euros pra capeláns dos hospitais,. Como curiosidade incrementa a partida de cargos de confianza da Consellería da Presidencia nun 20%, pero reduce o destinado a sustitucións en sanidade e ensino. Recorre a unha emisión de débeda e non solicita axuda do fondo de rescate autonómico; o mellor é porque aquí hai comisións e no fondo de rescate, aínda que sería mais barato, non.

RAJOY AMORTIZADO

RAJOY AMORTIZADO

 

  A escandalosa corrupción do PP, que  trascende as fronteiras do estado, facéndose eco da mesma tódolos medios de comunicación do mundo, ten alarmada a cidadanía. Rajoy, que non se distingue por ser unha persoa resolutiva, esconde a cabeza como a avestruz, e deixa que que os escándalos barran a pouca credibilidade do sistema. O PP ten unha folgada maioría parlamentaria, e te a obriga de sustituir a Rajoy por alguén mais presentable. Non será unha tarefa doada, xa que os coñecidos, todos están lixados, pero é urxente que dentro do PP haxa, cando menos, unha aparente rexeneración

A XUSTIZA BURLADA

 

 

   Gallardón concedeu un indulto a un conductor kamikace, defendido polo bufete onde traballa o seu fillo. Alegopu que non  coñecía a relación do fillo co caso. O queira que o crea. Votou  man do antecente de Zapatero no mcaso semellante, aínda que o parecido  parécese coma  unha pera a unha mazá; pero o importante é sementa-la dubida, de pouco importa o caso. Neste asunto a xustiza pronunciose en contra do indulto. Había, ademáis un morto. No caso da nai que atopou unha tarxeta na rua e a utilizou pra mercar comida, de nada serviu o estado de necesidade da muller, non houbo indulto. O sangue tira mais que  a auga bendita.

 

SEN DESCANSO

SEN DESCANSO

 

  O goberno de Rajoy loita sen descanso contra da crise con medidas valentes. O seu goberno é como unha nave espacial que viaxa ós confíns do universo. é o viaxante a gardián do imperio e da doutrinal católica. As medidas que adopta na gobernanza do país son moi radicais, pero os empresarios queren mais.

OS BROTES

 

  No seu momento,  cando alguén falou verdes o PP fixo burla, agora os peperos véñennos coa mesma manida historia. O PP ve brotes verdes, a luz ó final do túnel. Coido que teñen que ir ó oculista. O que o Ministro Cañete fale de que a reforma laboral xa está dando os seus froitos non é polo contaxio da carne de vaca tola que comeu, é porque el fala de como lles vai os empresarios, que se forran, pero isto non durará moito.

OS MORTOS RESUCITARAN

 

   López Viejo, conselleiro con Esperanza Aguirre, tamén ten contas en Suíza. Vai ser que a maioría dos cargos do PP teñen contas en paraísos fiscais. Viejo tivo discrepancias con Esperanza Aguirre e cesouno; ameazou con tirar da manta, pero solo ameazou. A cambio de que calou, non se sabe.O diñeiro, o mesmo compra Deputados, votos, ou silencios. A ver si algún día os mudos falan e os mortos resucitan

MOI PRESTIGE

 

 De moi pouco vai servir o xuizo do Pretige. Empezamos porque os corresponsables da traxedia ecolóxica  non están no banquillo. Nin Aznar, nin Rajoy, nin Cascos, nin Trillo, figuran como imputados. Cascos foi citado como testigo e deixou pegada da súa arrogancia e desprecio os mortais. Entre outras cousas dixo que fora de caza porque el non era necesario naquel momento. Non tiña que admitir que é un inútil; eso xa é sabido

O CABREO DE AZNAR

O CABREO DE AZNAR

 

  Aznar amenazou con querellarse contra todo o que diga que recibía sobres, que amparaba a corrupción, ou que repartiu o patrimonio público entre os amigos privatizando empresas a prezo de saldo. Que llo agraderon, pagándolle un mega soldo, para completa-la pensión de expresidente. Quenes o acusan deses feitos o inesquecible Aznar, non saben da súa labor mesiánica, de que o mandato divino depositado en tan excelso personaxe era salva-lo mundo e devolver á católica España o protagonismo de gran imperio

Desprestixio

 

  Non é que o goberno teña moito prestixio, xa sexa internamente, ou no exterior, pero é asombrosa a teima que teñen en demostra-lo malos que son. Hai moitas fazañas do gobernó que merecen ser glosadas. Cabe destacar, éntrelas, os indultos de Gallardón e a posibilidade de dirixir un banco, pese a ter sido condenado nunha anterior xestión financiera. Claro, de Guindos é especialista neso

FUME

  O PPg pretende que o Parlamento galego faga unha declaración contra do terrorismo. Non é o terrorismo o que preocupa ós galegos. ¿Logo a qué ben a proposta?. Os casos de corrupción, financiamento ilegal e toda merda cobren o PP. O financiamento ilegal da anterior campaña das eleccións autonómicas, a trama galega do gürtel, a contratación de persoal afin, o acoso a concellos non gobernados opolo PP, os ataques o galego, os contratos de adxudicación  directa, o que se coceu durante os 45 minutos que durou a entrevista de Feijoo, en San Caetano, co empresario mafioso de Lugo. Etc. O PPg pretende oculta-la corrupción  cunha cortina de fume

UNHA COMSION

UNHA COMSION

 

O PP anuncia unha auditoría pra demostrar que en Xénova n on se repartían sobres con diñeiro en billetes de cincocentos euros e que non había diñeiro negro, como se demostrará na contabilidade do partido. Dobremente obvio; na contabilidade oficial, onde se rexistra unha actuación cara o exterior, non se recolle a existencia de diñeiro negro. Cando alguén encarga unha auditoría cun fin determinado, sempre se da o resultado que quere o que encarga auditoría

CÁNDO SERÁ O FIN

 

  O axuntamento de Madrid, coa súa interminable nómina de asesores, é un dos mellores asesorados do estado, sen embargo é un dos peor gobernados e mais endebedados. A débeda non é atranco pra nomear asesores. Parece que os políticos deste país son ta burros que necesitan asesores pra todo. Cando digo todo é todo; hasta pra ir ó baño. O mellor tamén, iso é o mais probable, é un xeito de darlles un chupe, a conta dos contribuíntes, a inútiles do partido. A Xunta é un exemplo próximo desta práctico , e  semella ir en   aumento A Consellería da Presidencia incrementou os orzamentos, deste capítulo, pro ano en curso, nun 20%, o cal é un escándalo cos recortes de outras partidas de extrema necesidade. ¿Haberá alguén que lle poña coto a isto?

FACENDO FUTURO

FACENDO FUTURO

 

 

  Os políticos labra o seu futuro. Cando están no cargo público, ou ben privatizan ou autorizan a suba da tarifas que lle interesa a empresa; así cando cesen teñen reservado unha cadeira nos consellos de administración, ou como asesores, cun salario ben gordo. A ética era verde e comeuna un burro; porque non chega con cumpri-la lei, hai que ter ética.

BO PRECIO

BO PRECIO

 

  Menus pros Deputados a tres euros, nunha cafetería de luxo, no Congreso, mentras pecha comedores escolares, pensións especiais, sobresoldtos sen declarar. Centos de políticos imputados; ningún na cadea. O extesoureiro do PP, como bo patriota,  con contas de millóns de  euros en Suiza. Botín, o que nin o PP nin o PSOE quixeron imputar. Dous millóns de nenos por debaixo do umbro de pobreza; familias en exclusión social.  Este sigue sendo un pais de vividores e ladróns

NON HAI UCHA

NON HAI UCHA

 

 

   O PP, non solo acabou coa ucha da SS, si non que meteu a man no patrimonio da SS, utilizando 65.000 millóns de euros pra arrefria-la prima de risco. As pensións, por moito co desmintan, corren un serio perigo. As pensións dos parlamentarios están seguras. Estámoslles pagando unha pivada.

QUEREMOS MAIS

 

Neste tempo, o que mais e o que menos ten unha receita pra soluciona-la crise. Téñeno claro. Os empresarios queren que se afonde mais na reforma laboral. Os salarios non solo serán mais baixos, os obreiros pagaran por traballar e irán con grilletes.

 

TRANQUILOS

 

  O paro xuvenil en Galiza chega ó 60%, pero tranquilos isto arránxao Feijoo. Será o Pilatos da xuventude galega, porque a emigración non  da solucionado lo problema . 

MAL GOBERNO

 

  O que pra algúns é mal goberno pra outros so extravagancias. Como se non se pode calificar a política económica da Generalitat valenciana que inverte 80 millóns de euros no Valencia CF, e non paga a limpeza do Hospital de Alacante; non axuda á investigación e constrúe un aeroporto fantasma; non paga ós dependentes e subvenciona un circuíto de fórmula I. O mesmo se podería dicir de moitos gobernos autonómicos.