Blogia

A MIÑA TERRA GALEGA

EMBARGADOS

  A algúns directivos de NBG vanlles embargalos bens.  Pero xa ocultaron antes, fora do alcance da xustiza. Cometeron fraude malversación administración desleal, falsificación e un longo etc; polo que debían envialos a presidio; pero a xustiza é así

POLOS SERVIZOS PRESTADOS

  

  Rato imputado, por onde pasou deixou un cheiro como unha mofeta. Algunha prensa internacional sitúao entre os cinco peores directivos do mundo. Mais o seu atractivo pra telefónica é corresponderlle agora cun posto simbólico, pero moi ben remunerado, pro que non se precisa ningún coñecemento especial. É un agradecemento pola privatización. Alí está entre amigos

XA VEÑEN

 

  Xa veñen aí; a Xunta está a crear varias persoas xurídicas, atendendo a Área sanitaria, prescindindo, da anterior estrutura única, personalizada no SERGAS. O obxectivo parece claro; trochala pra privatizala. A privatización non é motivada polo aforro. Aínda non presentaron ningún estudio que xustifique a privatización pra aforrar. No que hai privatizado, demóstrase que é mais cara que a pública. O importante é que os amigos fagan bos negocios co público.

A BOTELLA

A BOTELLA

 

  DER SPIEGUEL comenta as curiosidades da administración española, centrándose no Axuntamento de Madrid, situado non palacio que custou remodelalo 500 millóns de euros. Un maiordomo pra alcaldesa, que ten como cometido servi-lo café O despacho da alcaldes é meirande que o do Presidente de Estados Unidos. Ten 267 coches oficiais, casí que como tódalas capitais dos estados de Europa xuntas. A alcaldesa non ten outro mérito que se-la muller de Aznar, ten 260 asesores, os que agora incorpora o famoso Carromero. No medio deste despilfarro, un terzo dos nenos de Madrid pasan fame. Cáritas atendendeo un millón de persoas. O país pendente do rescate e a alcaldesa a misa, como unha austera cristiana. E isto é o común, non  é unha excepción.

VAIA

 

Non todo o mundo pasa estreiteces, xa sexa en paro, ou co salario mínimo. Hai un feixe de políticos do PP, entre as que está Cospedal, un director dunha televisión autonómica, a muller de Rato, e un longo etc. Que andan polos 200.000 euros anuais. Supoño que eles non saben da crise. Xunto o selecto grupo, tamén hai que incluí-los que viven á sombra dos políticos, como a irmá de Feijoo, a súa Maxestade, os curas, os políicos, os banqueiros...todos á conta do traballador.

ANO NEGRO

 

    Todo o que se queimou en ano vello, as ganas de que este ano sexa mellor que o pasado. Todo queda escurecido  polos recortes do PP, e o medo os que virán. Presúmese onde va aplica-lo goberno a tesoira. Ese é o medo que mais encolle os ánimos da xente; y é que o medo o descoñecido sempre intimidou á xente ó longo da historia. Rajoy e a súa camarilla saben que tendo a xente acollonida, con medo, con incertidume; estará mais disposta a acepta-los sacrificios que se lle impoñan. Xa postos, o goberno podería substituí-la bandeira española por un Condón, porque representa claramente a acción e xestión que están a levar a cabo.. xa que o condón resiste a inflación, detén a produción, destrúe a próxima xeración e dálle á xente sensación de seguridade mentres lla están a cravar...

BEN ASESORADO

 

Feijoo incrementa notablemente a partida destinada a asesores, mentres recorta en partidas sociais. Incrementa os gastos correntes e recorta en inversións. As subvencións non son as do pasado exercicio; non hai eleccións á vista e iso nótase. Pero, de ser necesario, sempre se pode facer unha modificación de crédito. Resulta rechamante o notable incremento dos orzamentos destinados a asesores. Os burros, por moito que os asesoren, non deixaran de ser burros, pero aquí hai un dobre obxectivo, colocar a algún inútil e os puntas de lanza das empresas que se beneficiaran das privatizacións

 

A CANO ROTO

 

  Mentres o FMI reduce ós pobos a mais absoluta pobreza,  eles danse un  festín de escándalo de fin de ano. O FMI baixou o velo; non defende ós pobos, nin a mal chamada economía; defende os intereses dos moi ricos.

MUDOS

 

 

   Todos teñen dereito a ser Deputados. Non serei eu quen diga as condicións que se deben pra ser Deputado,  pero recoñezo que debe de haber un mínimo de idoneidade, que lles permita realizar a súa función con autonomía, pra que non ocorra o que esta ocorrendo cos Deputados do PP, que apenas interveñen e cando o fan e pra ler a chuleta que lle pasou o partido. O único mérito que se lles mira é a fidelidade cega ó partido  e que saiban premer o botón. Así os partidos teñen unha colección de Deputados mudos e con poucas neuronas. Dese xeito  non  pensan pola súa conta.

PARQUE MÓBIL

 

  O Goberno dixo que se reducía o Parque Móbil. Non se sabe si se aforrou algo, ou foi unha propaganda mais do Goberno. O caso do chofer da Delegación do Goberno en Estremadura, que agrediu a unha empregada dun gasolineira, e a un cliente que a defendeu, puxo de actualidade a situación dos Parques Móbiles. A Delegación do Goberno de Estremadura ten cinco choferes, o que temos que extrapolar a outras administracións. O Presidente do Senado e mais o Presidente da Xunta de Estremadura, pese a ter choferes dispoñibles; son exemplos do aforro e dos recortes. Na Xunta de Galiza funcionarios e chouferes usan coches oficiais sen miramentos, incluso pra asuntos non oficiais. Nos coches oficiais deberan poñer copago como nas  ambulancias, ou que se utilice o transporte público, ou as pernas. Pra compensa-lo gasto do parque móbil, o Presidente rebáixalles o salario ós funcionarios.

O SALDO

 

   O goberno, nunha nova valoración de NBG elevou o seu déficit a 3.100 millóns de euros. O límite fixado pra súa venda é o 2.017. a conclusión xa é clara é non admite outra solución que non sexa a venda. A entidade que a merque, farao por un prezo simbólico. O goberno, xa sexa pola recapitalización con diñeiro público, pola ausencia de fiscalizade, pola impunidade dos banqueiros, goberna pra eles. Agora prepara un oligopolio bancario.

ALEA JACTA EST

 

 

  A CA de Madrid ten decidido privatiza-la sanidade e, nin as folgas, nin o aforro que lle indican os profesionais lles van facer mudar de idea. O Conselleiro admite que non ten ningún estudio que lle permita dicir canto aforra, seguro que nada, pero non importa. Xa non hai negocio negocio na construción.  Xa non queda patrimonio ó Estado pra regalarllo ós amigos, como fixo Aznar. Agora regálase o que queda: Sanidade i Educación. Os amigos do PP viron o gran negocio que poden facer coa sanidade e non van solta-la presa tan doadamente

¿HAI ESQUERDA?

 

  Pode que haxa unha esquerda. O problema é que o mundo actual non lle deixa moito osíxeno. Vivimos nun momento no que a utopía desapareceu e deu paso a un pragmatismo materialista, que intenta convivir no medio dunha onda de neoliberalismo salvaxe. A esquerda clásica baixou os brazos, e a esquerda utópica navega non mar de incertezas. Hoxe en día a política esta rexida polos mercados e ten o seu servizo uns políticos profesionais, ós que lles importa mais conserva-lo  seu status que defender unha ética e un pensamento. Teñen  renunciado, no solo a mellora-lo mundo, senón a cambialo.

¿ CÁL É O LÍMITE?

 

  Os cidadáns ven con gran preocupación a situación política  i económica. Armase unha que outra manifestación, que son reconducidas e esmorecen pola impotencia. Os recortes seguen, teñen o estado de dereito acorralado.. A función do estado limítana ó rescate de truáns, cos cartos do estado. Si tan pouca función teñen pro estado, que segundo a ideoloxía imperante non se debe meter na economía, ¿a qué ven o rescate dos golfos?. É un contrasentido, difícil de entender, que o estado acuda a inchar de millóns á banca, mentres a banca desafiuza as familias. Cada vez espremen mais á clase media.  Pra min que queren coñecer o límite. ¿Por que supoño co haberá?

CONFESOU

 

   Confesou o Ministro Wert que a reforma educativa, que pretende, é mais ideolóxica que técnica. Si pretenden face-lo cesto con eses vimbios, pronto se vai esborrallar. Cada goberno pretenderá emenda-lo que fixo o anterior. Hai que crear zombis. Non cidadáns

 

AÍNDA NON É 28

AÍNDA NON  É 28

 

Xa hai tema pro día dos inocentes. Facenda publicará unha lis dos defraudadores. A maioría desa lista constituirana xente que fixo a declaración e cometeu algún erro; por suposto moi pequeno, senón xa lle requirirían pra que fixera unha complementaria. Nade pode crer que se refire a grandes fortunas ou beneficios; porque si así fora, terían que ir á cadea, e ningún amigo do goberno vai a ir á cadea. Ademais, está Lei de Protección de Datos, Ou sexa, unha inocentada antes tempo

TRAMPA

 

  Trampa a que lle tenderon o exdiputado Cervera. Cheira a trampa polas seguintes razóns. Non se ía pingar por 25.000 euros. A súa teima pra aclarar o que pasaba na caixa de Navarra era coñecida e notoria. Non tiña porque denunciar os feitos; el ía a recoller un sobre con información, tal como quedou probado no correo que recibiu, con sede do servidor en Ucrania. Foi cesado, digan o que digan, fulminantemente, cando o PP ten imputados ós que protexe. Tiña unha tensión grande coa Cospedal. Hai moito misterio o que pasa en Caixa Navarra, onde o PP e o PSOE van da man. Si se sigue o delito tirando polo fío de a quén beneficia, podemos sabe-la verdade; pero dubido que así sexa

SANIDADE PRVADA E MAIS

 

   Pensa o PP e socioslistos que hai que privatizar toda a sanidade,. Os dous grandes partidos coinciden en privatizar. Defiren na forma: Pouco a pouco, din os socialistas. Dunha atacada di o PP. Todo  é privatiizable, menos a política, cando debía se-lo primeiro en privatizar. Os grupos de intereses van tomando posicións e dirixindo areas do goberno do seu intres, véxase senón o Conselleiro de Sanidade da CCAA de Madrid. Os  ministerios son sucursais de intereses privados. O do Ministtro de economía, que dirixía  Lehman Brothers en España e Portugal?. Manuel Pizarro, a fichaxe de Rajoy no seu segundo asalto á Moncloa. O Ministro de Defensa,dunha representación de armamento. O Ministro de Educación, ó servizo da Conferencia Episcopal,. A bien pagá, teleñeca dos gürtelianos, na Mancha... etc.  Con todo, o que mais me asombrou foi a idea de Zapatero de privatiza-las loterías.

SECUESTRA

 

 O  día seis houbera sido un bo día pra anuncia-la necesidade de unha reforma constitucional. Pro PP,  que non era partidario desta constitución non hai necesidade reforma. Pola contra o PSOE fala da necesidade de incluí-la sanidade como un dereito, pero sen opoñerse a unha privatización, que é o cerne do asunto. Sería algo así como dereito a unha vivenda digna.  Unha tomadura de pelo. Nada de mellorar reducindo os postos dos políticos. O fundamental é mante-lo chupe. Entre ol PP e O PSOE teñen a constitución secuestrada.

NADA SORPRENDENTE

 

  España é un dos países mais corruptos de Europa, segundo os Organismos internacionais. O sistema político, con listas electorais pechadas,  pode ser que favoreza a corrupción, o mesturarse os corruptos cos candidatos limpos. O sistema de listas abertas permitiría ós electores escolle-los candidatos. A experiencia demostra que os electores premian a corrupción, así que isto non se arranxa con listas abertas.  Pero por algo hai que empezar. É a única esperanza que queda, despois de que o PP anulara de facto o fisal anticorrupción e que indultara a moitos corruptos.